Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 03 de xullo de 2000 Páx. 10.367

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2000 pola que se anuncia, polo sistema de concurso de procedemento aberto, declarado de urxencia, a adquisición de mesas para aulas de infantil e primaria de centros docentes dependentes desta consellería. (Expediente 12/2000).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento. Servicio de Contratación e Equipamento.

c) Número de expediente: 12/2000.

2. Obxecto de contrato.

a) Descrición do obxecto: adquisición de mesas para aulas de infantil e primaria de centros docentes dependentes desta consellería.

b) Lugar de entrega: almacén da consellería, sito no polígono de Toedo, na Estrada (Pontevedra).

c) Prazo de execución: 30 días ou inferior segundo oferta.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 28.412.000 ptas. (170.759,559 euros).

5. Garantías.

Provisional: 2% do prezo de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Información:

a) Entidade: oficina de información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n. Santiago de Compostela.

6.2. Adquisición de pregos:

a) Teléfono: 981 59 07 11.

b) Domicilio: r/ Nova, 19. Santiago de Compostela.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o oitavo día contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, ás 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª. Entidade: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou por correo.

2ª. Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3ª. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: o quinto día hábil contado desde o día seguinte ó da finalización do prazo para presentar ofertas, ás 12.10 horas .

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2000.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria