Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 03 de xullo de 2000 Páx. 10.370

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2000 pola que se aproba a modificación do plan eólico estratéxico presentado pola empresa Hidroeléctrica Galaico Portuguesa, S.A. denominado P.E.E. Hidroeléctrica Galaico Portuguesa.

Examinado o expediente instruído por pedimento de Hidroeléctrica Galaico Portuguesa, S.A. con enderezo para efectos de notificacións en Avda. da Habana, 24, entreplanta, 32003 Ourense, sobre aprobación da modificación do P.E.E. Hidroeléctrica Galaico Portuguesa, S.A., esta consellería ten en conta os seguintes antecedentes de feito:

Primeiro.-O 2 de febreiro de 1999, por resolución da Consellería de Industria e Comercio, apróbase o plan eólico estratéxico de Hidroeléctrica Galaico Portuguesa, S.A. publicándose no Diario Oficial de

Galicia o 10-3-1999 coas seguinte características básicas:

-7 áreas.

-Potencia: 110 mW.

-Prazo de execución: 7 anos.

-Investimento total: 18.700 millóns de pesetas.

Segundo.-Con data do 4 de maio de 1999, Antonio Vázquez Fernández, en nome e representación de Hidroeléctrica Galaico Portuguesa, S.A., NIF A-32.238.743, solicitou a aprobación da ampliación do plan eólico estratéxico denominado P.E.E. Hidroeléctrica Galaico Portuguesa, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia. Posteriormente, con data do 18 de agosto, solicitou unha modificación da petición de ampliación do plan eólico estratéxico anteriormente mencionado.

Terceiro.-Ámbalas peticións sometéronse a información pública, respectivamente, por Resolución do 28 de xuño de 1999 e 27 de setembro do mesmo ano, para os efectos previstos no artigo 5 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia. A Resolución do 28 de xuño de 1999 foi publicada no BOE o 19 de xullo de 1999 e no Diario Oficial de Galicia o 23 de xullo do mesmo ano. A Resolución do 27 de setembro foi publicada no BOE o 28 de outubro de 1999, e no Diario Oficial de Galicia o 9 de novembro do mesmo ano.

As características principais da ampliación do P.E.E. Hidroeléctrica Galaico Portuguesa, S.A. que foron sometidas a información pública son:

NomeProvinciaMunicipiosXY

Montes de AlbelaLugoLáncara, Triacastela e Samos0.639.000

0.645.000

0.643.000

0.639.000

4.741.000

4.741.000

4.735.000

4.737.000

Serra do EdramoLugoO Incio e Samos0.634.000

0.641.000

0.641.000

0.634.000

4.731.000

4.733.000

4.731.000

4.728.000

Monte do PicoLugoO Incio0.636.000

0.639.000

0.637.000

0.635.000

4.729.000

4.729.000

4.725.000

4.725.000

Alto do MouzónOurenseO Barco de Valdeorras, Petín

Vilamartín de Valdeorras

A Veiga

0.660.000

0.664.000

0.664.000

0.663.000

0.660.000

4.694.000

4.694.000

4.690.000

4.690.000

4.693.000

Coto das AigasOurenseRubiá0.673.000

0.673.600

0.674.500

0.675.900

0.677.000

0.676.000

4.708.000

4.707.800

4.707.600

4.706.500

4.706.000

4.706.000

PicanosOurenseA Gudiña0.649.000

0.654.000

0.654.000

0.649.000

4.661.000

4.660.000

4.658.500

4.659.000

ErosaOurenseA Gudiña0.646.000

0.647.000

0.649.000

0.649.000

0.648.000

4.659.000

4.659.000

4.657.000

4.656.000

4.656.000

NomeProvinciaMunicipiosXY

SalgueiroOurense

Lugo

Vilamartín de Valdeorras,

Quiroga

0.657.000

0.659.000

0.657.000

0.656.000

4.707.000

4.707.000

4.703.000

4.703.000

Alto de CabezadaOurenseVilamartín de Valdeorras0.661.000

0.663.000

0.662.000

0.661.000

4.707.000

4.707.000

4.701.000

4.701.000

A Chan do ReiPontevedraArbo

A Cañiza

As Neves

0.548.000

0.557.000

0.557.000

0.548.000

4.670.000

4.670.000

4.662.000

4.662.000

O IrixoOurense

Pontevedra

Boborás,

O Carballiño, Cea,

O Irixo, Piñor (Ourense), Dozón e Lalín (Pontevedra)

0.567.000

0.580.000

0.580.000

0.567.000

4.715.000

4.715.000

4.702.000

4.702.000

Durante o prazo de información pública presentáronse as seguintes solicitudes en competencia formuladas por:

1. Acciona Eólica de Galicia, S.A.

2. Made Enerxías Renovables, S.A.

3. Unión Fenosa Enerxías Especiales, S.A.

4. Energías Renovables Costa Coruña, S.L. (ERCCO).

Cuarto.-O 6 de abril de 2000, a empresa Hidroeléctrica Galaico Portuguesa, S.A. presentou ante esta dirección xeral escrito de renuncia ás seguintes áreas: Coto de Eiras e San Paio, dado que de os resultados das investigacións eólicas previas realizadas nas citadas áreas se detecta escaseza de recurso eólico, reiterando a súa solicitude de concesión doutras que lle permitan mante-los compromisos do seu plan eólico estratéxico, aprobado o 2 de febreiro de 1999 por resolución da Consellería de Industria e Comercio.

Quinto.-Os servicios técnicos da Dirección Xeral de Industria emitiron informe avaliando a viabilidade do plan nas diferentes áreas de estudio solicitadas, co fin de resolve-los diferentes plans estratéxicos en competencia, e tendo en conta que a empresa Hidroeléctrica Galaico Portuguesa, S.A. solicitou a substitución das áreas de investigación de Coto de Eiras e San Paio, de escaso recurso eólico, por outras que lle permitan mante-los compromisos do seu plan eólico estratéxico. Os criterios de avaliación que se seguiron son os seguintes:

-Planificación enerxética.

-Estudio contrastado dos datos eólicos existentes.

-Viabilidade económica dos plans.

-Achega tecnolóxica e efectos industriais dos plans.

-Ambientais.

-Desenvolvemento de infraestructuras.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999 do 21 de xuño, en relación coa Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

Segundo.-Ante o grande número de solicitudes presentadas, e en tramitación paralela, de aprobación do plan eólico estratéxico, os criterios seguidos en forma xeral para a adxudicación ou non das áreas asignadas foron os expostos no fundamento de feito quinto, téndose en conta a limitación existente desde o punto de vista infraestructural en canto á rede de transporte de enerxía eléctrica, o que supón que soamente se poidan satisfacer aquelas solicitudes que cumpran de forma máis completa os criterios de adxudicación formulados.

Terceiro.-Nalgúns casos, existen ocultacións en determinadas zonas de distintas solicitudes de plans, sen que os seus promotores concorresen en competencia. Nos ditos casos optouse por asignar a área á solicitude que considerou que cumpre en maior medida os criterios de asignación.

Cuarto.-Á vista dos plans presentados en competencia, o informe técnico realizado e do resto de documentación que consta no expediente, queda de manifesto que se deben excluír certas áreas solicitadas, debido á adxudicación de determinadas zonas a outros promotores seguindo criterios de planificación enerxética e desenvolvemento das infraestructuras enerxéticas.

Do exposto extraése como consecuencia que a ampliación do plan solicitada non pode ser concedida na extensión requirida pola peticionaria. Sen embargo, e de acordo co establecido no condicionado terceiro da resolución pola que se aproba o plan eólico estratéxico da solicitante, téndose comprobado que as áreas denominadas Coto Eiras e San Paio, son inviables desde un punto de vista técnico, consideráse procedente substituí-las devanditas áreas pola denominada O Irixo, da que as súas coordenadas veñen determinadas no anexo I desta resolución, co obxecto de mante-la viabilidade do plan considerado no seu conxunto, concedéndolle á empresa Hidroeléctrica Galaico Portuguesa, S.A. autorización para realizar investigacións nela.

Deste xeito, o plan eólico estratéxico pasa a constar de 6 áreas, sendo a súa potencia autorizada de

110 mW, permanecendo as demais variables inalteradas.

Quinto.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Aprobar a modificación do plan eólico estratéxico P.E.E. Hidroeléctrica Galaico Portuguesa referido á área recollida no anexo I da presente resolución, coa previsión de potencia de 20 mW, en substitución das áreas Coto de Eiras e San Paio, sobre as que efectúa renuncia a titular do plan.

A presente resolución leva consigo o outorgamento do dereito de investigación nas áreas de referencia, así como o dereito preferente, nas citadas áreas, á autorización das instalacións de aproveitamento de enerxía eólica, consonte o sinalado no artigo 8 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A aprobación da modificación do plan eólico estratéxico vincula a Administración e Hidroeléctrica Galaico Portuguesa, S.A. sen prexuízo das futuras resolucións que se adopten para o suposto de non exerce-lo dereito preferencial previsto no artigo 8 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A aprobación da modificación do plan eólico estratéxico outórgase segundo as seguintes condicións:

Primeira.-A modificación do plan eólico estratéxico ou o incumprimento das condicións impostas nesta resolución e na autorización para a montaxe das instalacións será causa de resolución da presente aprobación.

Sen embargo, se por alteración substancial das circunstancias ou por causas sobrevidas, non fose adecuado o mantemento dalgunha ou algunhas das instalacións previstas no plan eólico estratéxico que se aproba, a empresa poderá solicitar da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia:

1. Autorización para a modificación ou substitución das actuacións, sen altera-las restantes condicións do plan eólico estratéxico, ou ben,

2. A aprobación dun novo plan eólico estratéxico para novas instalacións, se a importancia dos investimentos así o xustifica, tendo en conta sempre os dereitos que terceiros interesados poidan ter.

Segunda.-Hidroeléctrica Galaico Portuguesa, S.A. deberá presentar un informe trimestral á Consellería de Industria que conterá os seguintes puntos:

-Datos eólicos obtidos nas áreas de investigación.

-Investimentos realizados e previstos.

-Operacións realizadas con empresas galegas.

-Emprego creado.

-Participación de entidades galegas.

Terceira.-A empresa Hidroeléctrica Galaico Portuguesa, S.A. participará na execución do plan industrial que teñan aprobado os tecnólogos seleccionados. En todo caso, a porcentaxe de compoñentes fabricados en Galicia será o comprometido polos tecnólogos. A selección dos tecnólogos deberá contar coa autorización da Dirección Xeral de Industria.

Cuarta.-Hidroeléctrica Galaico Portuguesa, S.A. poderá transferir en calquera momento os dereitos dimanantes da presente aprobación logo da autorización e coas condicións que impoña a Dirección Xeral de Industria, subrogándose o novo titular en tódalas obrigas e dereitos do transmitente derivados do plan eólico aprobado.

Quinta.-O presente plan eólico ápróbase sen prexuízo de terceiros, deixando a salvo os dereitos particulares e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións de aproveitamento eólico.

Contra a presente resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación, de acordo co establecido no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a contar desde a mesma data, ó abeiro do disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen procedente.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2000.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO I

Relación de áreas aprobadas no plan eólico estratéxico

NomePotenciaProvinciaMunicipiosXY

O Irixo20 MWOurense

Pontevedra

O Carballiño, Cea, O Irixo, Piñor (Ourense), Dozón e Lalín (Pontevedra)573.500

580.000

580.000

573.500

4.715.000

4.715.000

4.702.000

4.702.000