Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 03 de xullo de 2000 Páx. 10.384

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na súa sesión do día vinteún de xuño de 2000, acordou o inicio do procedemento de tramitación do proxecto de compensación da unidade de actuación nº 48, parcela do Balneario, Arteixo, promovido por Julia Piedad Mosquera Calvete e outros e redactado polos arquitectos Ramón P. Quiroga Álvarez e X. Alfonso Quiroga Berdeal, procedéndose, en consecuencia a efectua-las notificacións que sinala o artigo 102.4º da Lei 1/1997, e, ó mesmo tempo, sometelo a información pública polo prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ó da aparición do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo, as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas dependencias do Servicio Muncipal de Urbanismo, sitas na avenida do Balneario, nº 10-1º, Arteixo, e presenta-las alegacións que estimen convenientes. (Expediente 19/2000.COM).

Ó mesmo tempo, suspéndese o outorgamento de licencias de parcelación e edificación no ámbito da unidade de actuación nº 48 mentres o presente proxecto non sexa aprobado definitivamente.

Arteixo, 26 de xuño de 2000.

P.D (Decreto 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente alcalde