Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 03 de xullo de 2000 Páx. 10.386

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, na sesión ordinaria do día 27 de abril de 2000, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de legalización das obras de urbanización do parque do Miño, e.

2. Publicar en legal forma este acordo.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese a exposición pública durante o prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que coiden pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 2 de maio de 2000.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde