Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 03 de xullo de 2000 Páx. 10.387

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2000 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: é obxecto deste contrato a concesión de licencia exclusiva das marcas representativas de Santiago de Compostela, Cidade Europea da Cultura do ano 2000 para a fabricación e distribución de productos conmemorativos incluidos nas clases referidas no anexo II.

Tipo de licitación: 25.000.000 de pesetas (150.253,026 euros) IVE incluído. As ofertas realizaranse á alza.

Prazo de execución: a licencia extinguirase o 31 de decembro de 2001, podéndose prorrogar anualmente, por acordo entre as partes, ata un máximo de 2 anos.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela en horas de 9 a 14, dentro do prazo de quince días naturais contados desde o día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Documentación: información e documentación: Concello de Santiago de Compostela (departamento de Contratación-Servicios). Teléfono: 981 54 23 24. Fax: 981 57 76 27.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no punto criterios de adxudicación do prego de condicións.

Garantías: provisional: non se esixe. Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 12 horas o día hábil seguinte á finalización do prazo de presentación de proposicións.

Modelo de proposicións:

Don/Dona..... con domicilio en..... rúa..... nº..... teléfono..... con DNI (ou pasaporte ou documento que os substitúa) nº..... actuando en nome propio (ou en representación de....., con DNI ou CIF nº..... e domicilio en..... nº..... teléfono..... toma parte no concurso por procedemento aberto..... e para os efectos fai constar:

1) Que ofrece a seguinte oferta económica de prezos do servicio e participación do concello nos ingresos conforme o establecido na cláusula proposicións no prego de condicións.

2) Que xunta a documentación esixida no prego de condicións.

3) Que coñece e acepta cantas obrigas deriven dos pregos de condicións do presente contrato.

En..... o ..... de..... de 2000.

O licitador (asinado e rubricado)

Modelo do sobre.

Proposición para tomar parte na contratación do concurso..... presentada por.....

Reclamacións: simultaneamente ó de licitación exponse ó público o prego de condicións, contra o que se poderán presentar reclamacións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, durante o prazo de oito días hábiles, contados a partir da publicación deste anuncio no BOP.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2000.

Luis Tojo Ramallo

Teniente alcalde