Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 03 de xullo de 2000 Páx. 10.388

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SUBDELEGACIÓN DO GOBERNO EN PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2000, da Dependencia Provincial da Área de Industria e Enerxía, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa para a ampliación da posición I-024 do gasoducto Vilalba-Tui, no termo municipal do Porriño (Pontevedra); mediante a instalación dun medidor de punto de orballo de auga en gas natural e para a instalación dun cromatógrafo de THT.

Para os efectos previstos na Lei 34/1998, de outubro, do sector de hidrocarburos; no Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles, aprobado por Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, e no artigo 86 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sométese a información pública a solicitude sinalada e que se detalla a continuación:

-Peticionario: Enagás. S.A. con enderezo en Madrid, avenida de América, nº 38.

-Descrición:

Medidor de punto de orballo de auga en gas natural; instalación eléctrica, armario para toma de mostras e elemento de medida. Orzamento: 2.294.628 pesetas.

Cromatógrafo de THT: sistema de análise; sistema de extracción, acondicionamento e canalización de mostras gasosas; unidade de información e rexistro. Orzamento: 5.900.000 pesetas.

-A ampliación de instalacións; da cal se solicita a súa autorización, non afecta a bens particulares, por canto irá no interior do valado da citada posición xa existente.

-Orzamento total das instalacións: 8.194.620 pesetas.

O que se fai público para o seu coñecemento xeral, para que poida ser examinado o proxecto na Dependencia da Área de Industria e Enerxía da Subdelegación de Goberno, situada en Pontevedra, praza de España, s/n, e se poidan presentar no dito centro as alegacións que consideren oportunas no prazo de vinte días a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio.

Pontevedra, 2 de maio de 2000.

Miguel Ángel Barrios Sánchez

Xefe da Dependencia Provincial da Área de Industria e Enerxía