Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 06 de xullo de 2000 Páx. 10.553

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se aproba o proxecto de execución, se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos da urxente ocupación, a L.M.T, C.T. e R.B.T. O Placer-Bocelo, no concello do Corgo. (Expediente 45/1998 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por petición de Unión Fenosa Distribu

ción, S.A. con domicilio para os efectos de notificación na avenida de Arteixo 171 A Coruña, que solicita aprobación do proxecto, autorización administrativa e declaración da utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

Cumpridos os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e dos ordenados nos capítulos III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 40/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación deste expediente segundo o establecido pola disposición transitoria primeira da indicada Lei 54/1997.

Visto que durante o período en que se someteu o expediente ó trámite de información pública se formularon as seguintes alegacións:

1º Manuel Cela Vila que, en síntese, manifesta nos respectivos escritos a súa oposición ó proxecto na traza actual manifestando a súa disposición de estudia-la mellor alternativa para tódalas partes afectadas polo expediente.

2º José López Fernández, que alega a existencia de prohibicións e limitacións para a imposición da servidume de paso da instalación eléctrica sobre a súa parcela, polo que manifesta a súa oposición á traza proxectada ó inutiliza-lo predio e impedi-lo desenvolvemento da súa actividade profesional.

3º Benilde Díaz Cela, quen alega que o paso da liña eléctrica proxectada sobre os predios 3, 6 e 7, dos cales foi proposta titular neste expediente, supón un grave prexuízo para estes, tanto para efectos urbanísticos como dunha posible venda, polo que solicita que se estudia unha alternativa que non resulte tan gravosa.

Considerando que tales alegacións, vista a contestación a elas por parte da empresa promotora e o resto da documentación que consta no expediente, non impiden continuar coa tramitación do expediente polas seguintes razóns:

1º Polo que respecta ás alegacións formuladas por Manuel Cela Vila por canto a empresa Unión Fenosa, S.A. chegou a un acordo con este para modifica-lo trazado da liña no paso polo seu predio, para o cal presentou un anexo ó proxecto que agora é obxecto de aprobación mediante esta resolución. Así mesmo, entre Unión Fenosa, S.A. e o alegante chegouse a un muto acordo, ó amparo do establecido no artigo 24 da Lei de expropiación forzosa, en canto a indemnización polo paso da liña sobre o seu predio.

2º En canto á alegación formulada por José López Fernández pola que, revisado sobre o terreo o trazado da liña sobre o seu predio se observa que non incorre nas prohibicións nin limitacións ás que fan referencia os artigos 25 e 26 respectivamente do Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, polo que se aproba o regulamento da Lei 10/1966, sobre expropiación

forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas; así mesmo, porque entre a empresa Unión Fenosa, S.A. e o alegante se achegou un mutuo acordo para o paso da liña sobre a súa parcela.

3º Con respecto á alegación formulada por Benilde Díaz Cela, porque a imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica non lle impide ó dono do predio servente cercalo ou edificar nel, deixando o salvo a dita servidume tal e como establece o artigo 27 do decreto anteriormente citado; por outro lado os prexuízos que se lle ocasionan polo paso da liña sobre os seus predios serán obxecto de valoración na fase posterior do expediente tralos trámites establecidos nos artigos 24 e seguintes da Lei de expropiación forzosa de 1954.

Vista sobre o terreo a traza da liña eléctrica proxectada, obsérvase que ó seu paso polos predios relacionados na información pública non se dá ningunha das prohibicións ou limitacións osbre os predios de expropiación, ós que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do Decreto 2619/1966, en concordancia co artigo 57 da Lei 54/1997 antes citada.

Ó ser competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio de competencias atribuídas polos Decretos 2617/1966 e 2619/1966,

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizarlle a Unión Fenosa Distribución, S.A. o establecemento da dita instalación eléctrica, coas seguintes características principais:

1. Liña de media tensión aérea con orixe na L.M.T ó C.T Paradela e remate no C.T proxectado de Manán, de 1.013 m de lonxitude de 20 kV sobre apoios de formigón en conductor LA-56.

2. C.T. de intemperie de Manán, de 50 kVA de potencia e relación de transformación 20.000/380-220 V.

3. R.B.T. aérea de Manán, de 1.795 m de lonxitude a 380/220 V sobre apoios de formigón en conductor R.Z.

Segundo.-Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sistema eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e de urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente, levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios destes e zonas de servidume pública.

Terceiro.-Prestar aprobación ó seu proxecto de execución, unha vez cumpridos os trámites que se

sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, e visto o contido do informe técnico do 24 de maio de 2000.

Cuarto.-En cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, acordo que o representante da Administración dea comezo, con data e hora que a cada interesado se lle notificará individualmente, ó levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos nas relacións publicadas no xornal El Progreso do 18 de maio de 1999, Diario Oficial de Galicia do 2 de xuño de 1999 e no BOP de Lugo do 21 de maio de 1999, e expostas no taboleiro oficial desta delegación provincial. Ata o momento do levantamento das actas poderanse formula-las alegacións por escrito, que se consideren pertinentes para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados, ante esta delegación provincial.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, e así dirixirlle ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Esta resolución non é definitiva na vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación/publicación. Tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

Lugo, 25 de maio de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo