Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 06 de xullo de 2000 Páx. 10.558

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública, e aprobación do proxecto para a execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 112/2000).

De conformidade co disposto no título IX da Lei 54/1997 do 27 de novembro, do sector eléctrico, (BOE do 28 de novembro), e decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24 de outubro), de aplicación transitoria, incóase o expediente e sométese a información pública a solicitude de Unión Fenosa Distribución, S.A. con enderezo na Avda. de Arteixo, 171 da Coruña, como entidade beneficiaria, para a autorización administrativa; a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, ós efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes de paso sobre os bens e dereitos que se afecten; e aprobación do proxecto de execución das instalacións de:

A liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV sobre apoios de formigón e con conductor LA-56 de 451 m de lonxitude, coa orixe na liña Quembre-Sumio (expediente 7403) e final no C.T. Sumio, por instalar. Centro de transformación tipo intemperie, sobre apoios de formigón, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Sumio, coa finalidade de mellora-la seguridade e calidade da subministración da zona de Sumio. No termo municipal de Carral (expediente 112/2000).

O que se fai público para coñecemento xeral en especial dos propietarios e demais titulares afectados dos que se insire relación no anexo desta resolución, así como as persoas que sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos, para que poidan exami

na-lo expediente no que constan as características e afeccións derivadas do proxecto nesta delegación provincial, situada no edificio administrativo Monelos, s/n, 15071 A Coruña, e presenta-las alegacións oportunas no prazo de 30 días, contados desde o seguinte á última publicación desta resolución.

Esta publicación realízase igualmente ós efectos do artigo 59.4º da Lei 4/1999 do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e

do procedemento administrativo común, de resultar os titulares dos predios propostos como descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 8 de xuño de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 112/2000 Provincia: A Coruña

L.M.T., C.T., R.B.T. SumioTermo municipal: Carral

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

2Lugar da IgrexaLaborAntonio Varela FariñaCelas-Herves, 8,

15175-Carral

2-341261.260

3Lugar da IgrexaPradoConsuelo Varela OrgueiraViladesuso-Herves, 6,

15175-Carral

19190

4Lugar da IgrexaMonte baixoI. Juan Eirin FernándezHerves, 5,

15175-Carral

660

5Lugar da IgrexaPradoJoseja Varela BreaEirexei-Sumio,

15175-Carral

40400

6Lugar da IgrexaPradoMaruja Varela BreaEirexei-Sumio,

15175-Carral

29290

7Lugar da IgrexaLaborCarmen Varela BreaCelas-Sumio,

15175-Carral

25250

8Lugar da IgrexaLaborEduardo Varela BreaIgnorado

Francia

28280

9Lugar da IgrexaLaborSergio Villamisar Varelar/ Tabernas, 24-2º,

15001-A Coruña

28280

10Lugar da IgrexaLaborI. Juan Eirin FernándezHerves, 5,

15175-Carral

46330