Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 06 de xullo de 2000 Páx. 10.568

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente P-6/2000, incoado por infracción á Lei de pesca fluvial e devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín

publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente; de non efectualo voluntariamente, dispoñen os interesados dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formularen cantas alegacións coiden pertinentes.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada, así como co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto) e no Decreto 482/1997, do 30 de decembro (DOG do 8 de xaneiro), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

Lugo, 14 de abril de 2000.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: P-6/2000.

Denunciado: Salvador Platas Ferreiro.

DNI: 33.849.290-Y.

Enderezo: r/ Casas Sindicais, nº 17-1º-Lugo.

Feito denunciado: practica-lo deporte da pesca con cana e culleriña en época de veda, non levando consigo a preceptiva licencia mesmo sendo titular dela. Feitos constatados o día 20-1-2000 ás 18.30 h no couto de Ombreiro, río Miño, inmediación refuxio de Seivane. Outeiro de Rei. Lugo.

Precepto sancionador: 33.1º; 34.8º da Lei 7/1992.

Cualificación da infracción: menos grave.

Sanción: 52.000 pesetas de multa.

Inhabilitación: para practica-lo deporte da pesca e obte-la licencia dun ano.