Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 06 de xullo de 2000 Páx. 10.571

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CORCUBIÓN

ANUNCIO de contratación.

1. Obxecto do contrato: este contrato ten por obxecto a execución da obra comprendida no proxecto de rehabilitación do colexio José Carrera para Casa do Concello de Corcubión (2ª fase).

2. Orzamento do contrato e tipo de licitación: sinálase como tipo de licitación o importe do proxecto,

que ascende a 109.084.126 pesetas (IVE incluído); realizarase a mellora mediante baixa respecto a el.

3. Prazo de execución e de garantía: o prazo de execución do contrato será de 12 meses, contado a partir do día seguinte ó da formalización do contrato. O prazo de garantía terá unha duración dun ano, contado desde a recepción das obras.

4. Procedemento e forma de adxudicación: o contrato adxudicarase mediante concurso, seguindo o procedemento restrinxido.

5. Presentación de solicitudes e propostas: as solicitudes para poder tomar parte na licitación presentaranse no rexistro xeral do concello, no prazo dos 10 días seguintes ó da última publicación no BOP ou DOG. As propostas presentaranse no rexistro xeral do concello no prazo de 15 días a partir do seguinte ó da recepción da invitación para presentar oferta.

6. Fianzas provisional e definitiva: a fianza provisional ascende á cantidade de 2.181.683 pesetas e teráselle que xuntar á demais documentación esixida, por parte dos licitadores invitados polo concello. A fianza definitiva ascende ó 4% do importe da adxudicación, e achegarase no prazo de 15 días hábiles desde a data da súa notificación.

7. Apertura de plicas e gastos inherentes ó contrato: a apertura de plicas terá lugar na casa do concello o 5º día natural seguinte contado desde a finalización do prazo para presentación de ofertas (se coincidise en sábado ou festivo, pasará ó inmediato hábil seguinte). Tanto os gastos derivados das publicacións oficiais como a dirección facultativa da obra, o control de calidade, a licencia de obras, o imposto de construccións e demais tributos serán por conta do adxudicatario, tal e como se recolle no prego de cláusulas administrativas particulares aprobadas polo Pleno do Concello.

Corcubión, 8 de xuño de 2000.

Xosé Mouzo Lago

Alcalde-presidente