1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento. Servicio de Contratación e Equipamento.
c) Número de expediente: 15/2000.
2. Obxecto de contrato.
a) Descrición do obxecto: contratación da subministración de material para ciclos formativos de centros docentes dependentes desta consellería.
b) Lugar de entrega: almacén da consellería, sito no Polígono de Toedo, na Estrada (Pontevedra).
c) Prazo de execución: 30 días ou inferior segundo oferta, para os lotes 1 e 12 e 60 días, ou inferior segundo oferta, para o resto dos lotes.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso.
4. Orzamento base de licitación.
Importe total: 300.727.248 ptas. (1.807.407,162 euros).
5. Garantías.
Provisional: 2% da cantidade establecida pola consellería para cada lote.
6. Obtención de documentación e información.
6.1. Información:
a) Entidade: oficina de información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n. Santiago de Compostela.
6.2. Adquisición de pregos:
a) Teléfono: 981 59 07 11.
b) Domicilio: r/ Nova de Abaixo, 19 - Santiago de Compostela.
7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: o día 21 de agosto de 2000, ás 14 horas.
b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1ª) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ou por correo.
2ª) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.
3ª) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.
8. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data e hora: o 25 día de agosto de 2000, ás 11 horas.
9. Gastos de anuncios.
Por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2000.
P.D. (Orde 21-6-1996)
Máximo García Serrano
Secretario xeral da Consellería de Educación
e Ordenación Universitaria

