Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Luns, 17 de xullo de 2000 Páx. 11.011

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARIÑO

ANUNCIO de aprobación inicial de estudios de detalle.

O Concello de Cariño, en sesión plenaria ordinaria que tivo lugar o pasado tres de xuño, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle presentado por José Alberto Iglesias Fungueiriño en representación de Cemipimaqui, S.L. dunha parcela da súa propiedade sita na Avda. da Constitución de Cariño, de conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Sométese a información pública, polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncio no DOG, nun dos xornais de máxima difusión da provincia e no taboleiro de anuncios da casa do concello.

O prazo de exposición ó público entenderase aberto desde a publicación deste anuncio no DOG, durante o que poderá ser examinado nos servicios técnicos do concello, e formula-las alegacións que se consideren pertinentes.

Cariño, 4 de xullo de 2000.

Fernando Tallón Cabana

Alcalde