No BOP de Ourense, do día da data, publícase anuncio relativo á contratación da subministración de mestura asfáltica en quente para o 2º semestre de 2000, con suxeición ás mesmas bases publicadas no mesmo BOP do día 29 de maio, mediante concurso, en procedemento aberto e trámite ordinario. As ofertas e a documentación presentaranse ata as 12 horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no Pazo provincial. A documentación que hai que presentar, o modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gra
tuitamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32, ou por teléfono: 988 38 51 00 e fax: 988 38 51 84.
Ourense, 10 de xullo de 2000.
O presidente
Rubricado

