Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 18 de xullo de 2000 Páx. 11.040

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 6 de xullo de 2000 pola que se anuncia convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no organismo autónomo Augas de Galicia.

De conformidade co establecido no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, modificada pola Lei 3/1995, do 10 abril, e no artigo 16 do Decreto 93/199l, do 20 de marzo,

polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da referida lei,

Esta consellería

DISPÓN:

Primero.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no rexistro xeral desta consellería (edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela), nos das súas delegacións provinciais ou nas oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o modelo de solicitude que se inclúe no anexo II.

Cuarto.-Os/as aspirantes deberán xuntarlle á súa solicitude un currículum vitae e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que aleguen.

Os meritos alegados e non probados da maneira que se sinala no parágrafo anterior non serán tidos en conta.

Quinto.-No caso de que resulte seleccionado/a para ocupa-lo posto de traballo que se relacionan no anexo I desta orde un funcionario/a con destino noutra Administración pública, requirirase o informe favorable do departamento no que preste servicios, considerándose favorable de non emitirse no prazo de 15 días segundo o previsto no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia, e poderá, de considerarse oportuno, declararse deserta.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se o destino anterior radica na mesma localidade do novo, ou dun mes se radica en localidade distinta ou comporta o reingreso ó servicio activo.

O prazo de toma de posesión comezará a contarse a partir do día seguinte ó do cesamento, que deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó da publicación da resolución desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión deberá computarse desde o do día seguinte ó da publicación da devandita resolución.

Oitavo.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, potestativamente, recurso de reposición perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo a redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente conforme o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2000.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial,

Obras Públicas e Vivenda

ANEXO I

Código do posto: OT.B99.20.000.15001.001.

Denominación do posto: xefe do Servicio Territorial de Augas de Galicia.

Centro directivo: Demarcación Galicia-Norte.

Localidade: A Coruña.

Corpo ou escala: xeral/especial.

Grupo: A.

Nivel: 28.

Complemento específico: 1.459.680 ptas.

Titulación académica: 2019 enxeñería superior.

2062 licenciado en dereito.