Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 18 de xullo de 2000 Páx. 11.058

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 20 de xuño de 2000, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica ó interesado, a proposta de resolución do expediente sancionador VP-C 17/1999, unha vez intentada a notificación a que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992.

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselle ó interesado a proposta de resolución do correspondente expediente sancionador, co número que se indica, por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente do beneficiario, causa prevista no artigo 5.c da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

Para a dita infracción a instructura do expediente propón a sanción de multa de 200.000 pesetas, sen prexuízo da obrigación de destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente.

Conforme o establecido no artigo 19 de Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, déase traslado ó interesado concedéndolle un prazo de 15 días para formular alegacións en trámite de audiencia e presenta-los documentos e informacións que estime pertinentes. A presente proposta de resolución non é susceptible de recurso.

E para que conste e lle sirva de notificación ó interesado de domicilio descoñecido, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 20 de xuño de 2000.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa de Área Provincial da Coruña

ANEXO

VP-C 17/1999.

Andrés Pereiro Collados.

Rúa Párroco Villanueva bloque 1, portal 1 dúplex E.

(Nº 27, duplex E).

Sada.