Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Martes, 18 de xullo de 2000 Páx. 11.063

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NEGREIRA

ANUNCIO.

O Concello de Negreira, en sesión plenaria que tivo lugar o día 6 de xullo de 2000, prestou aprobación inicial ó proxecto de reparcelación do polígono UE-8 do solo urbano non consolidado da vila de Negreira.

Por este anuncio sométese a información pública polo prazo de 20 días hábiles para os efectos do seu exame e reclamacións.

Negreira, 11 de xullo de 2000.

José Blanco Pazos

Alcalde