Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 19 de xullo de 2000 Páx. 11.087

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/214-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Gombra.

Situación: concello de Vilanova de Arousa.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 70 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio 62 da L.M.T. Tivo-Portas, rematando no C.T. proxectado de Gombra, concello de Vilanova de Arousa. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV/380-220 V. R.B.T., aérea de 215 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón, desde o C.T. proxectado.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte

ó da súa notificación. Tamén pode interpor calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

Pontevedra, 5 de xuño de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra