Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966,
sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32000 Ourense.
Denominación: L.M.T.S., C.T., R.B.T., parque empresarial Pereiro-UNVI.
Situación: O Pereiro de Aguiar-San Cibrao das Viñas.
Características técnicas: liña subterránea a 20 kV, de 1.262 m, en conductor R.H.Z. 12/20 kV coa orixe no C.T. UNVI e que remata na L.M.T. aérea ó C.T. A Medorra. Centro de transformación prefabricado a Medorra, con 250 kVA, 20.000/380-220 V, modificación dos CC.TT. Pazos e A Zamorana, rede de baixa tensión subterránea do C.T. A Medorra.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Ourense, 16 de xuño de 2000.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense

