Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 19 de xullo de 2000 Páx. 11.091

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 21 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da proposta de resolución do expediente sancionador S-LU02-1999, en materia de patrimonio cultural de Galicia, instruído con motivo das obras executadas na denominada Casa Forte, sita en Santa Mariña, no concello de Outeiro de Rei (Lugo).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común así como da Lei 4/1999, que modifica parcialmente a Lei 39/1992, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo, na súa condición de promotor, a proposta de resolución do expediente sancionador S-LU02-1999, instruído con motivo das obras executadas na denominada Casa Forte, sita en Santa Mariña, no concello de Outeiro de Rei (Lugo), sen contar coa autorización previa e preceptiva da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, feito constitutivo, presumiblemente, de infracción da Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia.

O que se lle comunica ó interesado en cumprimento do disposto no artigo 19 do Real decreto número 1398/93, do 4 de agosto, que aproba o regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, para que no prazo de quince días a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, proceda á retirada, na Delegación Provincial da Consellería de Cultura Comunicación Social e Turismo de Lugo, das copias que estime oportunas da documentación integrante do expediente, e faga uso do dereito que o asiste a formular alegacións e presenta-los documentos e informacións que coide pertinentes perante o instructor do procedemento.

Lugo, 21 de xuño de 2000.

Manuel Gulín Rodríguez

Instructor do procedemento

ANEXO

Expediente: S-LU02-1999.

Interesado: Dositeo López Corral.

Enderezo: Mosteiro - 27150 Outeiro de Rei (Lugo).

Feitos: execución de obras na Casa Forte, sita en Santa Mariña, no concello de Outeiro de Rei (Lugo), inmoble inventariado nas normas complementarias e subsidiarias de planeamento provincial, carecendo da preceptiva autorización da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Precepto infrinxido: artigo 54 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia, clasificado como infracción leve no artigo 90.g) da mesma lei.

Precepto sancionador: artigo 95.2º da Lei 8/1995, do 30 de outubro, de patrimonio cultural de Galicia.

Proposta de sanción: 1.500.000 ptas.