Visto o escrito presentado por Antonio José Fernández Goyanes, con DNI nº 33.277.156, en nome e representación da entidade Herederos de Antonio Fernández Lago, C.B. polo que solicita cambio de localización da batea Toquenes II.
Tendo en conta os informes emitidos polo sector, e por proposta da Dirección Xeral de Recursos Mariños, conforme o artigo 9 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (DOG nº 228), considerando que na tramitación do expediente se verificaron tódalas dilixencias procedentes nestes casos, esta consellería
RESOLVE:
Autoriza-lo cambio de localización do seguinte establecemento:
Viveiro denominado: Toquenes II.
Titular: Herederos de Antonio Fernández Lago, C.B. (CIF E-15425200).
Cultivo: mexillón.
Remate da vixencia da concesión: 12-9-2000.
Localización anterior: polígono Muros A, cuadrícula nº 9.
Nova localización: polígono Muros B, cuadrícula nº 101.
Baixo as seguintes condicións:
1º O traslado da batea á nova localización contará coa pertinente autorización dos organismos competentes na materia.
2º O fondeo realizarase no prazo máximo de seis meses contando desde a publicación da presente resolución.
3º A data do fondeo deberá ser comunicada con antelación suficiente á Delegación Territorial desta consellería na Coruña, para os efectos de que este se realice baixo a supervisión e o control de persoal técnico do Servicio de Protección de Recursos.
4º A concesión manterá os prazos, dereitos e obrigas da anterior localización.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán intepoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou recurso contencioso-administrativo, que se interporá no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación ante a xurisdicción contencioso-administrativa, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2000.
P.D. (Orde 17-12-1997, DOG nº 246,
do 22 de decembro)
Juan José Álvarez Pérez
Secretario xeral da Consellería de Pesca,
Marisqueo e Acuicultura

