Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Mércores, 19 de xullo de 2000 Páx. 11.094

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2000 pola que se autoriza o cambio de localización da batea denominada Edulis I.

Visto o escrito presentado por José Manuel Formoso Moledo, con DNI nº 76.480.835, polo que solicita cambio de localización da batea Edulis I.

Tendo en conta os informes emitidos polo sector, e por proposta da Dirección Xeral de Recursos Mariños, conforme o artigo 9 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro (DOG nº 228), considerando que na tramitación do expediente se verificaron tódalas

dilixencias procedentes nestes casos, esta consellería

RESOLVE:

Autoriza-lo cambio de localización do seguinte establecemento:

Viveiro denominado: Edulis I.

Titular: José Manuel Formoso Moledo (DNI 76.480.835).

Cultivo: mexillón.

Remate da vixencia da concesión: 23-8-2004.

Localización anterior: polígono Muros A, cuadrícula nº 23.

Nova localización: polígono Muros B, cuadrícula nº 83.

Baixo as seguintes condicións:

1º O traslado da batea á nova localización contará coa pertinente autorización dos organismos competentes na materia.

2º O fondeo realizarase no prazo máximo de seis meses contando desde a publicación da presente resolución.

3º A data do fondeo deberá ser comunicada con antelación suficiente á Delegación Territorial desta consellería na Coruña, para os efectos de que este se realice baixo a supervisión e o control de persoal técnico do Servicio de Protección de Recursos.

4º A concesión manterá os prazos, dereitos e obrigas da anterior localización.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán intepoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou recurso contencioso-administrativo, que se interporá no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación ante a xurisdicción contencioso-administrativa, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2000.

P.D. (Orde 17-12-1997, DOG nº 246,

do 22 de decembro)

Juan José Álvarez Pérez

Secretario xeral da Consellería de Pesca,

Marisqueo e Acuicultura