Anúnciase que a Comisión de Goberno en sesión ordinaria realizada o día 1 de xuño de 2000 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
1. Desestimar integramente as alegacións formuladas pola AA.VV. de Barrocas, presentada por Manuel Villar Fernández; a comunidade de propietarios da urbanización Barrocas, representada por José Manuel Salgado Núñez e por José Pérez Conde durante o período de información pública baseado nos informes que constan no expediente (Servicio de Urbanismo do 16 de maio; Servicio de Enxeñería do 25 de maio e Servicio de Planeamento e Xestión Urbanística, do 31 de maio de 2000 que se trasladaran ós interesados para os efectos de motivación.
2. Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización do sector A-6 do PXOU de Ourense a instancia de Manuel Freijeiro Mato coas condicións técnicas fixadas pola Concellería de Medio Ambiente, no seu informe con data 11 de xaneiro de 2000 e logo de constitución de garantía polo importe de 1.072.000.000 de pesetas ó obxecto de asegura-la correcta execución das obras e o seu carácter previo ou simultáneo coas da edificación.
Este acordo queda condicionado ó visado colexial no colexio profesional correspondente do proxecto, momento ata o cal non surtirá eficacia o acordo.
O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 141.4º do Regulamento de planeamento.
Ourense, 19 de junio de 2000.
Manuel Jaime Cabezas Enríquez
Alcalde-presidente

