Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Xoves, 27 de xullo de 2000 Páx. 11.345

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2000 pola que se anuncia concurso público, por procedemento aberto e mediante tramitación ordinaria, para a contratación da asistencia técnica que se cita.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Universidade de Vigo. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica e Contratación. c) Nº de expediente: 306/2000.

2. Obxecto do contrato: a) Descrición do obxecto: reconversión de catálogos dos fondos bibliográficos da biblioteca universitaria. b) Prazo de execución: será o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación: importe total: 90.000.000 de pesetas (540.910,894 euros), IVE incluído.

5. Garantías: provisional: 2% do importe de licitación. Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información: a) Entidade: Universidade de Vigo. Servicio de Xestión Económica e Contratación. b) Domicilio: r/Areal, nº 46 (edificio anexo ó rectorado), 3º andar. c) Localidade e código postal: Vigo-36201. d) Teléfono: 986 81 35 56. e) Telefax: 986 81 38 57. f) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior á finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas: a) Data límite de presentación: 7 de setembro de 2000. b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: 1ª Entidade: rexistro xeral da Universidade de Vigo. 2ª Enderezo: r/ Areal nº 46, planta baixa. 3ª Localidade e código postal: Vigo-36201. d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses, contados a partir do día seguinte á data límite para a recepción de ofertas. e) Admisión de variantes: non se admiten.

8. Apertura de ofertas: a) Entidade: sala de xuntas do Rectorado da Universidade de Vigo. b) Enderezo: r/Areal, nº 46, 1º andar. c) Localidade: Vigo-36201. d) Data: 12 de setembro de 2000. e) Hora: 13 horas.

9. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 17 de xullo de 2000.

P.D. (Resolución 3-3-1999)

Julio Taboada Pérez

Xerente da Universidade de Vigo