O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo, en sesión do día 15 de xuño de 2000, acordou aprobar inicialmente o proxecto de obras para a execución do cinto de circunvalación do campus universitario de Vigo (expediente 4218/401), presentado pola Universidade de Vigo.
Procédese ó trámite de información pública do citado proxecto durante o período dun mes a través de publicación no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia. Significando que o prazo de exposición entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público.
O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que por resultaren descoñecidos ou por se ignora-lo seu enderezo non poidan ser notificados persoalmente.
Vigo, 4 de xullo de 2000.
Lóis Pérez Castrillo
Alcalde-presidente da Xerencia Municipal
de Urbanismo

