De conformidade co artigo 22 do Regulamento de cámaras da propiedade urbana de Galicia, do 20 de xuño de 1991, e en virtude do acordo da Xunta de Goberno, do 31 do pasado mes de marzo, a conta
de liquidación do orzamento de 1999 está de manifesto para os socios-membros desta cámara, para o seu exame, polo prazo de quince días, a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio neste diario oficial.
Vigo, 1 de abril de 2000.
Casimiro Durán Gómez
Presidente

