A Comisión de Goberno do Concello, na sesión que tivo lugar o día 27 de marzo de 2000, aprobou inicialmente a modificación do proxecto de delimitación do polígono 1 do Plan parcial de ordenación do sector do solo urbanizable programado número 5 (SUP-5) da Choupana, promovida pola xunta de compensación do polígono 1 do SUP-5 da Choupana.
Así mesmo, na sesión da asemblea xeral da xunta de compensación do polígono 1 do solo urbanizable programado número 5 (SUP-5) da Choupana, que tivo lugar o día 21 de marzo de 2000, acordouse aprobar inicialmente o proxecto de compensación do citado polígono, solicitando ó abeiro do previsto no artigo 134.1º da Lei do solo de Galicia (LSG), a ocupación dos terros dos propietarios non adheridos á xunta.
Para estes efectos, no proxecto de compensación contense a adxudicación ós propietarios non adheridos dunha indemnización económica ou dunha parcela edificable coa reducción axeitada para compensa-los gastos de urbanización correspondentes.
De conformidade co disposto artigos 102.4º e 121 da LSG, os expedientes sométense á información pública durante o prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-los expedientes na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.
De acordo co previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, este anuncio servirá de citación ós propietarios das parcelas que a seguiren se relacionan que, por ter paradoiro descoñecido, non puideron ser citados persoalmente para o trámite de información pública.
Nº Parcela Ref. Catastral Propietario
e Mª del Carmen Pérez Romarís
37 NH 3466 G-6268921 Carmen Barreiro Blanco
38-39 NH 3466 G-6268922 Comunidade de propietarios do edificio número 20-22 da rúa de Espiñeira
50 NH 3466 G-6069910 Herdeiros de Josefina García Viñas
72B NH 3466 G-5967650 Herdeiros de José Regueiro Raña
121 NH 3456 H-5967636 Herdeiros de José Regueiro Ameneiro
127 NH 3456 H-5967604 Herdeiros de Joaquín Seoane Ríos
132 NH 3456 H-5868501 Herdeiros de Joaquín Seoane Ríos
133 NH 3456 H-5868512 Herdeiros de Higinio Souto Puentes
138 NH 3456 H-5868505 Herdeiros de Higinio Souto Puentes
Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2000.
Xose A. Sánchez Bugallo
Alcalde

