De conformidade co disposto no artigo 105.6º da Lei xeral tributaria, segundo redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro (BOE do 31), o xefe rexional de recadación da Axencia Estatal de Administración Tributaria de Murcia.
Fai saber que ó non ter sido posible, por causas non imputables á Administración tributaria, realiza-las notificacións ós interesados ou ós seus representantes no inicio do procedemento de constrinximento, e tentadas estas de conformidade co establecido no artigo 105 da Lei xeral tributaria, cítanse aqueles, especificados na mencionada relación, para que no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, os interesados ou os seus representantes comparezan para seren notificados, das 9 ás 14 horas, de luns a venres, nos lugares que en cada caso se sinala (ver táboa anexo).
En caso de non comparecer no prazo e lugar sinalados, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do seu vencemento.
ANEXO
Órgano responsable e lugar de comparecencia.
30019.-Administración plaza 2 de mayo, 2 -30530 Cieza.
30024.-Administración r/ Santo Domingo, 11-30800 Lorca.
30029.-Administración r/ Murillo, Esquina Morera-30170 Mula.
30600.-Dependencia Recadación, Gran Vía Escultor Salzillo, 21-30005 Murcia (2ª planta).
30712.-U.prov.rec. Gran Vía Escultor Salzillo, 21-30005 Murcia (2ª planta).
30732.-U.xest.act. Gran Vía Escultor Salzillo, 21-30005 Murcia (2ª planta).
30752.-U.O.D. Gran Vía Escultor Salzillo, 21-30005 Murcia (2ª planta).
30782.-U.rec.menor contía. Gran Vía Escultor Salzillo, 21-30005 Murcia (2ª planta).
30852.-Dep.rex. Gran Vía Escultor Salzillo, 21-30005 Murcia (2ª planta).
28952.-Of.nal.rec.Gran Vía Escultor Salzillo, 21-30005 Murcia (2ª planta).
Murcia, 7 de abril de 2000.
Inmaculada García Martínez
Xefa da Dependencia de Recadación de Murcia

