Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 11 de agosto de 2000 Páx. 11.910

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PARADELA

ANUNCIO.

Convocatoria de concurso con procedemento aberto e tramitación urxente da prestación do servicio de limpeza do centro de saúde, colexio público San Miguel, cámara agraria, centro sociocultural, centro cultural Manuel-Orestes, centro primario de hixiene, pavillón deportivo e Casa do Concello de Paradela (Lugo).

Aprobado polo concello pleno en sesión de data 28 de xuño de 2000 o prego de cláusulas administrativas xerais que rexerá a contratación da prestación do servicio de limpeza do centro de saúde, colexio público San Miguel, cámara agraria, centro sociocultural, centro cultural Manuel-Orestes, centro primario de hixiene, pavillón deportivo e Casa

do Concello de Paradela (Lugo), polo procedemento aberto, forma de adxudicación concurso e tramitación urxente, exponse ó público polo prazo de oito días hábiles para os efectos previstos no artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

De conformidade co establecido polo artigo 122.2º do Real decreto lexislativo 781/1986 do 18 de abril, anúnciase simultaneamente o concurso de referencia se ben a licitación aprazarase no suposto de producirse reclamacións contra o prego anteriormente sinalado, ata a súa resolución pola Corporación.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Paradela (Lugo).

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

A prestación do servicio de limpeza do centro de saúde, colexio público San Miguel, cámara agraria, centro sociocultural, centro cultural Manuel-Orestes, centro primario de hixiene, pavillón deportivo e Casa do Concello de Paradela (Lugo).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Duración do contrato.

Un ano, prorrogable por anualidades sucesivas, segundo a cláusula 5 do prego.

5. Orzamento base de licitación: 2.200.000 ptas. anuais, IVE incluído.

6. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento de licitación (44.000 pesetas).

Definitiva: 4% do orzamento de licitación (88.000 pesetas).

7. Obtención de documentación e información.

Concello de Paradela avda. Xeneralísimo, s/n. 27611 Paradela-Lugo. Teléfono: 982 54 11 01.

8. Lugar e prazo de presentación de proposicións.

As ofertas presentaranse no rexistro xeral do Concello de Paradela de 9 a 14 horas durante o prazo de trece días naturais, contados desde a última publicación do presente anuncio de licitación no BOP e no DOG.

9. Documentación que hai que presentar.

As proposicións presentaranse en tres sobres pechados:

Sobre A, subtitulado oferta económica, que deberá formularse conforme o modelo que figura no prego.

Sobre B, subtitulado documentación, conterá a documentación a que se refire a cláusula 16.

Sobre C, subtitulado referencias técnicas, cláusula 16.

10. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

Solvencia económica-financeira e técnica: acreditarase de conformidade co establecido na cláusula 16 do prego.

11. Apertura de ofertas.

No salón de sesións da Casa do Concello de Paradela, ás doce horas do terceiro día hábil seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións.

12. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Paradela, 30 de xuño de 2000.

José Manuel Mato Díaz

Alcalde