De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria,
segundo a redacción dada polo artigo 28.catro da Lei 66/1997, do 30 de decembro, e tentada a notificación ó interesado ou ó seu representante por dúas veces, sen que fose posible levala a efecto por causas non imputables á Administración tributaria, ponse de manifesto, mediante o presente anuncio, que se encontran pendentes de notificar actos do procedemento de constrinximento dos debedores que se relacionan a seguir, sendo órgano responsable da tramitación dos citados actos a Dependencia de Recadación, Unidade Provincial de Recadación, Delegación da Axencia Tributaria de Oviedo, rúa 19 de Xullo, nº 1 de Oviedo.
En virtude do anterior dispoño que os debedores indicados anteriormente ou os seus representantes debidamente acreditados, deberán comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Principado de Asturias, de luns a venres, en horario de 9 a 14 horas, na Dependencia de Recadación, unidade provincial de recadación, delegación da Axencia Tributaria de Oviedo, rúa 19 de Xullo, nº 1 de Oviedo ou na delegación ou Administración da axencia tributaria correspondente ó seu domicilio fiscal, para efectos de practica-las notificacións dos citados actos.
Así mesmo, advírteselles ós interesados que, de non compareceren no mencionado prazo, entenderase producida a notificación para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para compareceren.
Oviedo, 29 de maio de 2000.
José María Menéndez Quintana
Xefe do Servicio de Recadación
Datos do contribuínte Concepto/descrición/obx. trib.
r/ 19 de Julio, 10, 3-8, Oviedo
r/ 19 de Julio, 10, 3-8, Oviedo
r/ 19 de Julio, 10, 3-8, Oviedo
r/ Pintor Ribera, 14, Oviedo
B-33.390.949. Cañacel, S.L.
Sanción exp.: 98/547. Xustiza, Interior e Relacións Laborais
B-33.390.949. Cañacel, S.L.
Sanción exp.: 98/548. Xustiza, Interior e Relacións Laborais
B-33.390.949. Cañacel, S.L.
Sanción exp.: 98/554. Xustiza, Interior e Relacións Laborais
B-33.336.330. Cocinas Arco Diseño, S.L.
Sanción exp.: 98/LU-01381-O. Política Territorial

