Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Luns, 04 de setembro de 2000 Páx. 12.564

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COOPERATIVA DE VIVENDAS GALIZA NOVA

ANUNCIO.

En Vigo a vintedous de xullo do ano 2000, sendo as once horas, e, en segunda convocatoria, celebrouse a asemblea xeral extraordinaria da Cooperativa de Vivendas Galiza Nova, no salón de actos da parroquia Cristo de la Victoria de Vigo, coa relación de asistentes, relacionados na marxe.

Asistiron entre presentes e representados 51 cooperativistas de 66 totais.

Orde do día.

1. Lectura e aprobación da acta anterior.

2. Aprobación do balance final de liquidación.

3. Rogos e preguntas.

Primeiro.-Por defunción de Constantino Estévez Rodríguez, prodúcese a suplencia polo liquidador suplente primeiro Adrián Martínez Bartol, por ausencia xustificada de Jaime Rodríguez Vázquez, prodúcese a substitución do liquidador suplente segundo Fernando Figueroa Alonso.

Segundo.-Por Adrián Martínez Bartol, liquidador, procédese á lectura da acta anterior, elaborada polo liquidador falecido Constantino Estévez. Non habendo intervención apróbase por unanimidade.

Terceiro.-Juan José Rodríguez, liquidador, dá lectura e explicación do balance final de liquidación, coa seguinte composición:

ActivoPasivo

Tesourería 1.825.371Débedas por obras á comunidade1.465.200 ptas.

Gastos de liquidación365.717 ptas.

Total activo1.825.371Total pasivo1.825.371 ptas.

É aprobado por tódolos presentes e representados 51 de 66.

Cuarto.-No epígrafe de rogos e preguntas, pregúntase pola sucesión de trámites administrativos para a finalización da cooperativa.

Recórdase ademais que a comunidade de propietarios estaba utilizando ata agora o CIF da cooperativa.

Contéstase indicado que a cooperativa xa está disolta e liquidada, quedan pendentes os trámites de publicación de balance, notaría, e inscrición no rexistro da Xunta, con entrega de documentación.

Contéstase tamén sobre a necesidade de que a comunidade obteña o seu propio CIF.

Non habendo máis intervencións, levántase a sesión, facultándose novamente os liquidadores para os trámites necesarios.

Liquidador titular 3ºTitular suplente 1º

Juan José RodríguezAdrián Martínez Bartol

Liquidador suplente 2º

Fernando Figueroa Alonso