Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 05 de setembro de 2000 Páx. 12.620

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

ANUNCIO do 12 de xuño de 2000, da Dependencia Rexional de Recadación de Galicia, de citación para notificación por comparecencia.

De conformidade co que establece o artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, e non sendo posible notifica-lo procedemento que se relaciona, malia os dous intentos realizados, cítase o interesado que figura neste anuncio, para que, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ó desta publicación, pase a retirar persoalmente ou mediante representante as notificacións que se indican, na Delegación Especial da AEAT de Galicia, sita na r/ Comandante Fontanes, 10, da Coruña.

Transcorrido o citado prazo sen a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do vencemento do prazo antes sinalado.

Interesado: Construcciones Navales Santodomingo, S.A.

NIF: A-36.618.155.

Procedemento: acordos compensación nº:

540030000066Y.

540030000067F.

540030000072N.

Órgano de tramitación: Dependencia Rexional de Recadación.

Lugar de comparecencia: delegación especial da AEAT en Galicia.

Dependencia Rexional de Recadación.

r/ Comandante Fontanes, 10-5º (A Coruña).

A Coruña, 12 de xuño de 2000.

Francisco García Magariños

Xefe da Dependencia Rexional de Recadación