Aprobada inicialmente polo Pleno da Corporación Municipal, en sesión do 21 de xullo do ano en curso, a modificación puntual nº 8 das NN. SS. de planeamento deste Concello de Vilanova de Arousa, en cumprimento do disposto no artigo 42 da Lei do solo de Galicia, queda exposto ó público o expediente nas oficinas municipais, polo prazo dun mes, durante o que poderá ser examinado e formularse contra el, cantas observacións ou reclamacións se coiden oportunas.
Inserido este edicto no DOG, no BOP e nun xornal dos de maior tirada de Galicia, o período para exame
e presentación de reclamacións iniciarase en todo caso, a partir do día seguinte ó da súa inserción no citado Diario Oficial de Galicia.
Vilanova de Arousa, 3 de agosto de 2000.
Gonzalo Durán Hermida
Alcalde

