Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 12 de setembro de 2000 Páx. 12.900

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BARBADÁS

ANUNCIO de concurso de obras do Concello de Barbadás.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para contratación das obras que se relacionan, mediante concurso, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do 15º día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral do Concello de Barbadás. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 13 horas, na casa do concello. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro do Concello de Barbadás, ou por teléfono: 988 36 00 00.

Relación de obras: saneamento Lamas-Loiro-Barbadás-Piñor, con orzamento de 21.130.000 ptas. e prazo de execución de 4 meses. Clasificación esixida: E.1.d.

Barbadás, 29 de agosto de 2000.

El alcalde

Rubricado