Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 12 de setembro de 2000 Páx. 12.900

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CEDEIRA

ANUNCIO de concurso con procedemento aberto.

Obxecto.

É a contratación por concurso, con procedemento aberto, da obra que se indica a seguir, incluída no

Plan 2000 de infraestructuras, anualidade 1999, da deputación provincial:

Obra: acondicionamento do parque e castelo da Concepción.

Orzamento: 14.528.089 pesetas.

Fianza provisional: 2% do tipo de licitación.

Fianza definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Pregos e proxectos. Rexerá o prego de condicións tipo aprobado por acordo da deputación provincial o día 31 de marzo de 2000, publicado no BOP nº 77, do 3 de abril de 2000 que poderá ser examinado conxuntamente co proxecto na secretaría do concello, durante o prazo de presentación de proposicións e en horas de oficina.

Presentación de proposicións.

No Rexistro Xeral de Entrada de documentos do concello, en horas de nove a trece, dentro do prazo dos vinteseis días naturais seguintes, contados a partir do día seguinte ó da última publicación do presente anuncio no BOP ou no Diario Oficial de Galicia, en tres sobres pechados, que poderán ser lacrados e precintados, asinados polo licitador ou persoa que o represente, e coa documentación esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

Apertura de proposicións.

En acto público, ás trece horas do primeiro mércores hábil seguinte á data en que remate o prazo de presentación de proposicións.

Proposicións: presentaranse axustadas ó seguinte modelo:

D/Dª....., con enderezo en....., rúa.....número....., teléfono....., con DNI (ou pasaporte ou documento que o substitúa) número....., actuando en nome propio (ou en representación de....., DNI ou CIF número....., con enderezo en....., número....., teléfono.....), toma parte no concurso con procedemento aberto e trámite urxente para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de acondicionamento do parque e castelo da Concepción, e para tales efectos fai constar:

1. Que ofrece o prezo de...., que significa unha baixa de....., en relación co tipo de licitación.

2. Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven dos pregos de cláusulas administrativas particulares do presente contrato.

3. Que achega a documentación esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

En....., o..... de..... de 2000.

O licitador (asinado e rubricado)

Modelo de sobre.

Proposición para tomar parte na contratación das obras de acondicionamento do parque e castelo da Concepción, presentada por.....

En....., o..... de..... de 2000.

Os gastos derivados do presente anuncio serán por conta do adxudicatario.

Cedeira, 11 de agosto de 2000.

Xoán Xosé Rodríguez Pérez

Alcalde-presidente