En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público aberto para a contratación da subministración de material de papelería impresa para o Igape.
1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), complexo administrativo San Lázaro s/n, 15703 Santiago de Compostela, tfno.: 981 54 11 01, fax: 981 54 10 92.
b) Número de expediente: C.P. 16/2000.
2. Obxecto do contrato: subministración do material de papelería impresa para o Igape, desagregados nos 16 lotes que seguidamente se relacionan:
Imprenta. Papelería.
Estimat. máximo do lote
Lote Unidade
Descrición do producto Prezo unitario
Prezo máximo
prescri. técn.1 150.000 Cartas t./210x297 mm, papel verxurado branco 80 gr/m, impresas a 4 tintas (logo a esq.) 8,50 1.275.000
2 100.000 Cartas t./210x297 mm, papel verxurado branco 80 gr/m, impresas a 4 tintas (logo a dta.) 8,50 850.000
3 1.000 Cartas t./220x160 mm, papel verxurado branco 100 gr/m, impresas a 4 tintas (saúdas) 40,00 40.000
4 2.000 Sobres t./120x175 mm, verxurado branco 120 gr, impreso a 4 tintas (saúdas) 33,00 66.000
5 10.000 Sobres t./110x220 mm, con peche autodex, impresos por anverso a 4 tintas e por reverso a 1 27,50 275.000
6 5.000 Sobres t./110x220 mm, con peche autodex, impresos por anverso a 4 tintas e por reverso a 1, con ventá 17,00 85.000
7 40.000 Sobres t./190x250 mm, con peche autodex, impresos por anverso a 4 tintas e por reverso en solapa a 1 tinta 18,50 740.000
8 20.000 Bolsas t./250x353 mm, con peche autodex, impresos por anverso a 4 tintas e por reverso a 1 33,00 660.000
9 5.000 Bolsas t./260x360 mm, con peche autodex, anverso e reverso a 1 tinta, kraft natural, fol por tres lados 115,00 575.000
10 15.000 Tarxetas de visita t./90x55mm cart. verxurada de 220 gr/m, c/ branco a 4 tintas (1 logo) 15,50 232.500
11 10.000 Tarxetas de visita t./90x55 mm, cart. verxurada de 220 gr/m c/ branco a 5 tintas (2 logos) 22,00 220.000
12 2.000 Tarxetóns t./160x110 mm en cartolina verxurada 220 gr/m, c/ branco, a 4 tintas 31,00 62.000
13 20.000 Carpetas t./320x460 mm pregadas, en cart. branca 224 gr/m, a 4 tintas 23,50 470.000
14 1.000 Carpetas t./320x440 mm pregadas, en cart. estucada branca 240 gr/m, a 4 tintas, con ventá e troquel para grampas 84,00 84.000
15 500 Cartolinas mate t./210x297 mm, 240 gr/m, impresas a 4 tintas 96,00 48.000
16 Impresos Segundo preg.
3.917.200
O contrato executarase de forma sucesiva segundo as necesidades do Igape, de conformidade co artigo 173.1º a) do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.
Prazo de execución: segundo oferta técnica.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma: concurso público.
4. Orzamento máximo de licitación: 9.599.700 ptas. (nove millóns cincocentas noventa e nove mil setecentas pesetas), imposto sobre o valor engadido (IVE) incluído, distribuído por lotes e unidades tal como se indica no cadro inserido no epígrafe 2.
5. Garantía provisional: 2% do orzamento máximo de licitación dos lotes ós que se concorra.
6. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).
b) Enderezo: San Lázaro, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703 A Coruña.
d) Teléfono: 981 54 11 01.
e) Telefax: 981 54 10 92.
f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.
7. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do oitavo día natural
seguinte á publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en sábado ou festivo, o prazo entenderase prorrogado ata as catorce horas do seguinte día hábil.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: en sobre pechado e selado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciando ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex ou telegrama, que debe ter entrada no Igape antes do termo do prazo de presentación de ofertas, e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.
d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: corenta e cinco días desde a apertura das ofertas.
8. Apertura das ofertas: na sede do Instituto Galego de Promoción Económica en Santiago de Compostela, en acto público ás 12 horas do quinto día hábil seguinte ó termo do prazo de presentación de ofertas, procederase á apertura da documentación administrativa e técnica. En acto público, ás 12 horas do cuarto día hábil seguinte da apertura da documentación administrativa e técnica, procederase á apertura das ofertas económicas. De coincidiren en sábado os días sinalados, a apertura trasladarase ó día hábil seguinte.
9. Os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.
Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2000.
Margarita Rodríguez Rama
Directora xeral do Instituto Galego de
Promoción Económica

