Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T.C., R.B.T.S. estrada de Catabois, 235.
Situación: Ferrol.
Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V-12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 242 m de lonxitude, con orixe na liña eléctrica existente na estrada de Catabois C-646 e final no C.T. que se vai instalar, estrada de Catabois, nº 235. Centro de transformación en caseta prefabricada de formigón, de 400 kVA e tensión de 15/0,380-0,220 kV. Ferrol.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 17 de agosto de 2000.
Manuel Estévez Mengotti
Delegado provincial da Coruña en funcións

