Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 18 de setembro de 2000 Páx. 13.116

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2000, da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Eduardo Rodríguez Deán.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número tres da Coruña tramítase o recurso nº 102/2000 (procedemento abreviado) interposto por Eduardo Rodríguez Deán contra a Resolución do 16 de setembro de 1999 (Diario Oficial de Galicia nº 186, do 24 de setembro), pola que se fai público o acordo do tribunal que xulgou o proceso selectivo para o ingreso na categoría estatutaria de ATS/DUE, relativo ás puntuacións do segundo exercicio da fase de oposición. O recorrente impugna, en concreto, a resposta considerada correcta para a pregunta nº 34 do citado exercicio.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer na sala como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2000.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos