Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 18 de setembro de 2000 Páx. 13.124

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 17 de xullo de 2000, aprobou inicialmente a delimitación da unidade de execución da rúa das Hortas, números 20, 22 e 24 da unidade de intervención número 8 (UI-8), do Plan especial de protección e rehabilitación da cidade histórica (PE-1), promovida polos servicios técnicos municipais, e a actuación polo sistema de cooperación.

O ámbito delimitado abrangue unha superficie de 367 m e linda:

Norte: hortas anexas das casas números 20 e 26 da rúa das Hortas.

Sur: rúa das Hortas.

Oeste: casa número 26 da rúa das Hortas e horta anexa.

Leste: casa número 18 da rúa das Hortas e horta anexa.

En cumprimento do que dispón o artigo 121 da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun periódico de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

De acordo co previsto no artigo 42.6º da LSG, este anuncio servirá de citación a tódolos propietarios de paradoiro ou identidade descoñecida que non poidan ser citados persoalmente para o trámite de información pública; para estes efectos insírese a seguir a relación de propietarios afectados:

Unidade

edificatoria

TitularReferencia

catastral

120225Couceiro Trigo7080831

120226Manuel Domínguez Parcero7080832

120227José López Brenlla7080833

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2000.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde