Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 28 de setembro de 2000 Páx. 13.517

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 12 de setembro de 2000 pola que se clasifican e se suprimen postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Visto o acordo do Pleno do Concello das Neves (Pontevedra), con data do 28 de xullo de 2000, relativo á modificación da clasificación do posto de secretaría, actualmente de clase segunda, en secretaría de clase terceira, correspondente á subescala de secretaría-intervención.

A Consellería da Presidencia e Administración Pública, de conformidade co establecido no artigo 241 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia, co artigo 159.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, e nos artigos 2 e 9 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, e no uso das facultades que lle confire o artigo 13.2º 17 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia,

DISPÓN:

Primeiro.-Modifica-la clasificación do posto de secretaría do Concello das Neves, provincia de Pontevedra, quedando clasificado en clase terceira, reservándose a funcionarios/as pertencentes á subescala de secretaría-intervención.

Segundo.-Suprimi-lo posto de intervención do devandito concello.

Contra esta orde poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, perante a Consellería da Presidencia e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase impugnar directamente perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública