Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 28 de setembro de 2000 Páx. 13.560

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2000 pola que se convocan unhas xornadas sobre dereito de augas.

Dentro do plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública para o 2000 e de acordo coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse unhas xornadas sobre dereito de augas, convocatoria que se desenvolverá conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

Nun momento de reforma parcial do dereito de augas e de posible aprobación do Plan Hidrolóxico Nacional, resulta de sumo interese debater acerca das perspectivas que o uso e a administración da auga teñen en España, sobre todo se, como é o caso, se abren posibilidades para a liberalización do mercado da auga, inéditas ata a data. Pode dicirse que tódolos grandes temas do dereito público do sécu

lo XXI se dan cita neste sector tan especial do dereito administrativo. De aí a súa actualidade e o apaixonante debate que suscita.

2. Contido.

Trataranse estes temas:

-Valor dos títulos históricos no dereito de augas español.

-As obras hidráulicas.

-Planificación hidrolóxica e o Plan Hidrolóxico Nacional.

-Abastecemento de auga ás poboacións.

-Xestión da auga e política agraria.

-Prezos da auga e política ambiental.

-Augas subterráneas.

-Perspectivas do dereito de augas.

3. Destinatarios.

Persoal ó servicio da Xunta de Galicia e da Administración local galega e interesados en xeral.

4. Desenvolvemento.

Horario: mañá e tarde.

Lugar e datas: as xornadas convocadas terán lugar no Paraninfo da Universidade da Coruña (sito na rúa Mestranza, s/n, da citada cidade), os días 23 e 24 de outubro de 2000.

5. Inscrición.

Prazo: remata o xoves, día 19 de outubro de 2000.

Tramitación de solicitudes: as solicitudes irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración Pública, polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela, segundo o modelo que figura como anexo a esta convocatoria, e presentaranse no rexistro xeral da EGAP ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: 981 54 63 30.

Número de prazas: limitado á capacidade do local.

Inscricións fóra de prazo: só se admitirán, de quedaren prazas baleiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

Os peticionarios poderán obte-la confirmación da súa posible admisión chamando, o día 20 de outubro, por teléfono, das 10 ás 14.45 horas, ós seguintes números: 981 54 62 39/44 ou 981 54 60 40.

6. Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento das xornadas, así como a de cancelalas, se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

7. Certificación de asistencia.

Entregaráselles, ó remate destas xornadas, a aquelas persoas inscritas que concorresen asiduamente a elas, cando a súa asistencia sexa igual ou superior ó 85% das horas lectivas programadas, e expresarase, neste documento, a natureza da actividade e as datas da súa realización.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2000.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración

Pública