Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 29 de setembro de 2000 Páx. 13.590

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 221/2000, do 13 de setembro, polo que se dispón a substitución dos representantes da Xunta de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela no Consello Social desta universidade.

Os artigos 3, 5 e 6 da Lei 5/1987, do 27 de maio (DOG nº 103, do 2 de xuño), do Consello Social da Universidade e do Consello Universitario de Galicia, determinan, respectivamente, o número de membros que compoñen o Consello Social da Universidade e o número e a forma de elección dos representantes da Xunta de Goberno da Universidade nesa institución.

Na Universidade de Santiago de Compostela acordouse a renovación dos representantes dos estudiantes e PAS da Xunta de Goberno desa universidade no Consello Social, e elixíronse os seguintes membros: Óscar Díaz Queizán, Javier Manuel Fariña Pérez e Antonio Pérez Casas, en substitución, respectivamente, de Luis Villares Naviera, José Vicente Paradelo Rodríguez e Francisco Carracedo Doce.

Así mesmo, recibíronse nesta consellería, en cumprimento do artigo 8 da citada Lei autonómica 5/1987, os documentos preceptivos por parte dos novos membros designados de non incorrer en incompatibilidade.

Por todo iso, dada a designación presentada polo organismo correspondente, e por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, en cumprimento do artigo 7 da Lei 5/1987, e en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trece de setembro de dous mil,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Nomear como membros do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela a Óscar Díaz Queizán, Javier Manuel Fariña Pérez e Antonio Pérez Casas en representación da Xunta de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela.

Estas persoas substitúen, respectivamente, e polo mesmo concepto, a Luis Villares Naveira, José Vicente Paradelo Rodríguez e Francisco Carracedo Doce, que cesan como membros da Xunta de Goberno do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela, agradecéndolle-los servicios prestados.

Artigo 2º

Deste xeito, o Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela queda integrado polas seguintes persoas:

I) En representación da Xunta de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela:

Darío Villanueva Prieto, rector da Universidade.

Gumersindo Guinarte Cabada, secretario xeral da Universidade.

Ana Consuelo González Pulpeiro, xerente da Universidade.

Manuel Castro Cotón, membro da Xunta de Goberno.

Eugenio Anselmo Rodríguez Núñez, membro da Xunta de Goberno.

Andrés Beiras Iglesias, membro da Xunta de Goberno.

Óscar García Martín, membro da Xunta de Goberno.

Óscar Díaz Queizán, membro da Xunta de Goberno.

Javier Manuel Fariña Pérez, membro da Xunta de Goberno.

Antonio Pérez Casas, membro da Xunta de Goberno.

II) Representantes dos intereses sociais de Galicia:

a) Designados polo Parlamento de Galicia:

Ramón Castromil Ventureira.

Óscar Fernández Refoxo.

Jesús García Calvo: presidente.

Alejandro Leis Carles.

Ghaleb Jaber Ibrahim.

Francisco Vázquez Fernández.

b) Designados pola Xunta de Galicia:

Ramón Domínguez Sánchez.

Mario Alfonso Calvo Alonso.

Ramón Cobian Varela.

Manuel Lucas Álvarez.

Jesús Alonso Escurís.

Designados polos sindicatos:

José Luis Crespo Garrido.

Emilio Crespo Correa.

Designados polas organizacións empresariais:

Blanca García Montenegro.

Manuel Jaime Martínez Rapela.

Disposición derradeira única

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, trece de setembro de dous mil.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria