Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 29 de setembro de 2000 Páx. 13.616

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á corrección de erros nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas á categoría 69 do grupo III (oficial de servicios técnicos e outros) (lista B), publicada por Resolución do 21 de xullo de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 151, do 4 de agosto).

Advertidos erros materiais nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas á categoría 69 do grupo III (oficial de servicios técnicos e outros) (lista B), publicada por Resolución do 21 de xullo de 2000 (Diario Oficial de Galicia nº 151, do 4 de agosto), esta dirección xeral, en aplicación do establecido no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,

RESOLVE:

Publica-la rectificación dos erros materiais indicados no sentido de:

Incluír a José María Názara Acuña, con DNI nº 35.263.244 no ámbito xeográfico D3600 co número de orde 6, cunha puntuación de 3,000 puntos.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores na lista correspondente.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública