Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 29 de setembro de 2000 Páx. 13.624

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de agosto de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/75-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Eléctrica de Catoria, S.A.

Enderezo social: Gondar, 36612 Catoira.

Denominación: L.M.T. e C.T. Fontán-Gondar.

Situación: Catoira.

Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 385 m de lonxitude, con conductor LA-56, sobre apoios de formigón, desde un apoio que se vai substituir na L.M.T. existente ó C.T. Gondar, ata o C.T. que se proxecta en Fontán, concello de Catoira. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.

Resultando que con data do 15-5-2000 recíbense alegacións de Marina Bouzón López e José López Santiago, no sentido de que non existe causa para a declaración de utilidade pública, que a expropiación afecta á totalidade do predio, que existen outras formas de mellorar e que non corresponde a declaración de urxente ocupación. Alegacións que enviadas a Eléctrica de Catoira, S.A. o día 18-5-2000 son contestadas o día 5-6-2000 indicando a necesidade da obra proxectada, a obriga da subministración, e a súa calidade, que a afección éo só na parte do voo e que, en concreto, se esgotou a vía de negociación, o que obrigou á necesidade da expropiacións.

Considerando que trasladada a dita resposta ós alegantes, estes reafírmanse nas súas primeiras manifestacións.

Considerando que é certo a obriga de que as compañías eléctricas subministren enerxía a quen o solicite en condicións coa calidade regulamentaria, de acordo co regulamento de verificacións eléctricas e regularidade na subministración, e que para a potencia solicitada e a mellora da zona e recomendable a instalacións dun centro de transformación.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar, declarar, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Pontevedra, 23 de agosto de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra