Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 29 de setembro de 2000 Páx. 13.628

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Viticultores de Galicia (Asvigal).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolve

mento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Viticultores de Galicia (Asvigal), que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as persoas físicas ou xurídicas que estean relacionadas profesionalmente co sector vitivinícola.

Asinan a acta de constitución: Manuel Blanco Pérez e tres persoas máis.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2000.

P.D. (Orde 21-7-2000)

María José Cimadevila Cea

Secretaria xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais