Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 29 de setembro de 2000 Páx. 13.637

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de aprobación definitiva.

A Comisión de Goberno do Concello, na súa sesión do 11 de setembro de 2000, aprobou definitivamente o proxecto de urbanización dunha parcela sita no lugar de Vite de Arriba (rúa dos Cabalos), promovido por Construcciones y Promociones Mogar Fote, S.L.

Contra o acordo de aprobación definitiva poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; ou alternativamente, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno do concello no prazo dun mes contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2000.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde