Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 03 de outubro de 2000 Páx. 13.703

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Hotel Finisterre, S.A. (código convenio 1500762).

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Hotel Finisterre, S.A. (código convenio 1500762), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 10-8-2000, e posteriormente rectificado con data do 29-8-2000, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social, polo comité de empresa o día 4-7-2000, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 31 de agosto de 2000.

P.S. (Decreto 161/2000, do 29 de xuño)

María Silva Costoya

Secretaria provincial da Coruña

Convenio colectivo da empresa Hotel Finisterre

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

Este convenio afecta ós traballadores e traballadoras do cadro de persoal fixo do Hostel Finisterre da Coruña.

Artigo 2º.-Vixencia.

Con independencia da súa publicación nos boletíns oficiais, este convenio iniciará a súa vixencia o 1 de xaneiro de 2000 con carácter indefinido, podendo ser denunciado por calquera das partes para efectos de negociación e revisión no último mes de cada ano natural, seguindo vixente en tódolos seus contidos e sendo de plena aplicación ata que sexa substituído en todo ou en parte por outro convenio negociado entre as partes.

Artigo 2º bis.-Retribución e revisión.

1. Incremento do 3% en tódolos conceptos económicos, cunha revisión no caso de que o IPC supere o 2% ó remate do ano en curso.

2. No caso de que o IPC publicado polo INE ou organismo que o substitúa superase o 31 de decembro de 2000 un incremento do 2% con respecto ó 31 de decembro de 1999, efectuarase unha revisión automática sobre tódolos conceptos económicos no exceso da devandita cifra. Tal incremento aboarase con efectos do 1 de xaneiro de 2000.

Artigo 3º.-Sistema de retribución.

A retribución salarial do persoal afectado por este convenio consistirá nun soldo base de conformidade coas distintas categorías profesionais, ó que se sumarán os complementos que se pactan, polo que queda totalmente suprimido o réxime de porcentaxes de servicios que rexía nesta actividade, quedando substituído o sistema a que se refiren os artigos 49, 52 e seguintes da ordenanza laboral vixente pola nova regulación convida, considerando ademais que esta nova modalidade é máis beneficiosa para a totalidade do persoal, ó suprimi-las diferencias que, noutro suposto, habería entre as distintas categorías profesionais.

Artigo 4º.-Compensación e melloras.

As melloras que se implantan neste convenio, así como as voluntarias que establezan no sucesivo, serán compensadas e absorbidas ata onde alcance nos aumentos, melloras ou condicións superiores de calquera natureza que, fixadas por disposición legal,

contrato individual ou concesión voluntaria, poidan establecerse no sucesivo.

Artigo 5º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas condicións establecidas neste convenio teñen a consideración de mínimas, polo que os pactos, cláusulas, condicións ou situacións implantadas que impliquen condicións máis beneficiosas cás aquí pactadas subsistirán para aqueles traballadores que as viñesen gozando.

Artigo 6º.-Comisións en divisas.

O tanto por cento correspondente á dita comisión será repartido entre o persoal do departamento que efectúa os ditos cambios.

Artigo 7º.-Ordenación das categorías profesionais.

Tódalas categorías profesionais das actividades de hostalería se adscribirán segundo os seguintes niveis:

Nivel I:

-Xefe de cociña.

-Xefe de comedor.

-Xefe de recepción.

-Xefe de administración.

-Gobernanta xeral.

-Encargado de mantemento.

Nivel II:

-Segundo xefe de comedor.

-Segundo xefe de cociña.

Nivel III:

-Xefe de sector.

-Encargado de economato.

-Subgobernanta.

-Encargada de lencería e lavandería.

-Xefe de partida.

-Secretaria de dirección.

Nivel IV:

-Interventor.

-Bodegueiro.

-Cafeteiro.

-Camareiro.

-Recepcionista.

-Cociñeiro.

-Oficial primeira administrativo.

-Caixeiro de comedor.

-Fontaneiro.

-Electricista.

-Carpinteiro.

-Pintor.

Nivel V:

-Axudante de economato.

-Axudante de recepción.

-Axudante de camareiro.

-Axudante de cociñeiro.

-Axudante de conserxe.

-Conserxe de noite.

-Auxiliar administrativo.

-Telefonista segunda.

Nivel VI:

-Calefactor.

-Mozo de equipaxes.

-Vixilante noite.

-Fregadora.

-Marmitón.

-Lavandería-lencería.

-Pasadora de ferro.

-Costureira.

-Limpadora.

-Mozo limpeza.

Nivel VII:

-Aprendices.

-Botóns.

Nos casos en que non se incluíse algunha categoría neste artigo, a comisión paritaria determinará o seu encadramento correspondente, categoría e nivel.

Artigo 8º.-Retribucións.

A cada profesional aplicaránselle as contías salariais mínimas correspondentes a cada nivel, e que serán as seguintes:

-Nivel I: 164.327 pesetas.

-Nivel II: 157.946 pesetas.

-Nivel III: 148.315 pesetas.

-Nivel IV: 138.683 pesetas.

-Nivel V: 125.990 pesetas.

-Nivel VI: 111.822 pesetas.

-Nivel VII: 103.688 pesetas.

Artigo 9º.-Manutención.

O persoal de calquera clase ou categoría terá dereito á manutención como complemento salarial en especie, que percibirá con cargo á empresa e durante as horas en que preste os seus servicios, e sempre que se avise o mes anterior.

O complemento en especie de manutención poderá substituírse mediante a entrega da cantidade de 6.683 pesetas mensuais, computadas diariamente.

Artigo 10º.-Aloxamento.

Considérase incluído nos salarios que figuran no artigo 8º o importe do aloxamento a aquel persoal que o ten recoñecido pola ordenanza laboral do 28 de febreiro de 1974.

Artigo 11º.-Complemento de convenio.

Establécese un complemento de convenio para todo o persoal de 8.272 pesetas.

Artigo 12º.-Transportes.

Establécese un complemento de transporte para todo o persoal afectado por este convenio de 7.252 pesetas.

Artigo 13º.-Antigüidade.

Os premios por antigüidade establecidos polo vixente convenio para o persoal fixo ó 31-12-1985 quedan de acordo coa seguinte escala, tomando como base o salario garantido no convenio provincial de hostalería para as categorías laborais incluídas no artigo 7º deste convenio de empresa.

A partir do 1 de xaneiro de 1997 a antigüidade calcularase sobre as bases do convenio provincial de hostalería aprobadas no ano 1996, as cales quedarán como base de cálculo para anos sucesivos, incrementadas na procentaxe que se aprobe ano a ano no convenio da empresa Hotel Finisterre.

As ditas bases faranse constar no convenio que se asine anualmente neste artigo.

Deste xeito quédase totalmente desligado de calquera acordo que se estableza no convenio provincial de hostalería, tanto que afecte ás bases como a outros criterios.

1. Un 4% sobre o salario garantido ó cumprirse tres anos de servicio efectivo na empresa.

2. Un 9% ós 6 anos.

3. Un 17% ós 9 anos.

4. Un 29% ós 14 anos.

5. Un 41% ós 19 anos.

6. Un 48% ós 24 anos.

A partir dos 25 anos de servicio na empresa, un 2% anual ata un límite dos 40 anos.

A data inicial para a determinación da antigüidade será a de ingreso na empresa, aínda que cambie por ascenso ou por calquera outro motivo de categoría profesional.

Os premios por antigüidade do presente convenio para o persoal con data de ingreso na empresa que sexa posterior ó 1-1-1986 quedan establecidos por trienio de 4.113 pesetas en cada unha das pagas. A dita cantidade será revisada conxuntamente co resto das condicións económicas do convenio.

Bases para o cálculo da antigüidade.

CategoríasPesetas

Xefe recepción124.208
Interventor122.303
Oficial primeira contabilidade118.689
Recepcionista118.689
Telefonista117.130
Axudante recepcionista116.758
Mozo equipaxe111.265

Xefe de cociña124.208
Segundo xefe de cociña122.303
Xefe de partida118.689
Encargado de economato118.689
Cociñeiro116.790
Cafeteiro120.133

Xefe de comedor124.208
Segundo xefe de comedor122.272
Xefe de sector120.399
Camareiro120.133

Gobernanta122.303
Camareira113.172

Encargada de lencería118.689
Pasadora de ferro110.636
Lenceira109.360
Limpadora109.360

Encargado de traballos120.520
Calefactor113.172
Carpinteiro109.360
Electricista109.360
Fontaneiro109.360

Artigo 14º.-Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias do verán e Nadal que se pagarán o 15 de xullo e 15 de decembro respectivamente, serán de 30 días, e a de setembro de 15 días. Estarán constituídas polos salarios do artigo 8º, incrementados coa antigüidade que corresponda en cada caso.

No mes de marzo aboarase unha paga extraordinaria consistente en 15 días de retribución que corresponda a cada empregado, de acordo cos salarios do artigo 8º.

Artigo 15º.-Vacacións.

O período de vacacións para todo o persoal afectado por este convenio será de 30 días naturais. Procurarase que os días festivos traballados sexan computados en descanso día a día, pero se, por necesidades de organización, isto non se puidese realizar, gozaranse acumulados e, se é o caso, co preceptivo descanso semanal.

Artigo 16º.-Xornada laboral.

A duración máxima da xornada ordinaria de traballo será de 38 horas semanais de traballo efectivo.

Será de xornada continuada nos departamentos de recepción, conserxería, teléfonos, pisos, lencería e administración.

Entenderase por xornada partida aquela na que haxa un descanso ininterrompido dunha hora como mínimo.

O tempo traballado computarase de modo que tanto ó comezo como ó remate da xornada diaria o traballador estea no seu posto de traballo.

Artigo 17º.-Dote por matrimonio.

Tanto o persoal masculino como o feminino que leve dous anos de servicio na empresa e contraia matrimonio continuando nesta, percibirá, en concepto de dote, unha mensualidade de retribución que comprenderá o soldo maila antigüidade. No suposto de que o dito persoal non permanecese na empresa un ano máis a partir da data do matrimonio, descontaráselle na liquidación que se lle practique a cantidade que percibise en concepto de dote.

Este dereito unicamente poderá ser gozado unha soa vez polo productor durante a súa permanencia na empresa.

Artigo 18º.-Licencias.

Sen perda de retribución ningunha, a empresa concederá licencias nos casos seguintes:

-Matrimonio do productor: 15 días.

-Enfermidade grave ou intervención cirúrxica con ingreso do cónxuxe, pais, fillos e parto da dona: 4 días.

-Morte do cónxuxe, pais, fillos ou irmáns: 4 días.

-Morte de pais ou irmáns políticos: 2 días.

-Morte de tíos, sobriños e curmáns de primeiro grao: 1 día.

-Morte de avós e netos: 1 día.

-Casamentos de fillos ou irmáns: 1 día se é dentro da provincia, e 3 se é fóra dela.

-Bautizos, primeiras comunións de fillos e netos: 1 día.

-Traslado de domicilio: 1 día.

Artigo 19º.-Excedencia.

O traballador cunha antigüidade na empresa, cando menos, dun ano, terá dereito a que se lle recoñeza a situación de excedencia voluntaria por un período máximo de cinco anos, sen que, en ningún caso, se poida producir tal situación nos contratos de duración determinada. Reunirá o traballador as condicións seguintes:

a) Contar cunha antigüidade na empresa superior a un ano. A concesión outorgarase dentro do prazo dun mes a partir da data da súa petición.

b) A excedencia terá unha duración mínima de seis meses e máxima de cinco anos, concedéndose polo tempo solicitado.

c) O traballador que se queira incorporar ó seu posto de traballo, notificarallo á empresa cun mes de anticipación á data en que expire o prazo.

d) Perderá o dereito a reincorporación ó seu posto de traballo todo aquel excedente que en tal período de tempo prestase os seus servicios por conta allea en calquera posto de traballo dentro do territorio

do Estado en empresas comprendidas na ordenanza laboral de traballos de hostalería.

e) Se a empresa dese emprego a outro traballador para substituí-lo excedente, aquel tería a condición de interino, causando baixa ó reincorporase o substituído. Se este non se reincorporase no prazo e condicións sinalados, sería destituído definitivamente na empresa, adquirindo o interino a condición de fixo.

f) Os traballadores terán dereito a un período de excedencia non superior a tres anos para atende-lo coidado de cada fillo, contado desde a data de nacemento o da resolución xudicial ou administrativa, en caso de adopción ou acollemento tanto permanente como preadoptivo, para empezar a conta-lo dito período de excedencia. Os fillos sucesivos darán dereito a un novo período de excedencia que, se é o caso, poñería fin á que viñese gozando. A excedencia recollida no presente punto constitúe un dereito individual dos traballadores, homes ou mulleres. Non obstante, se dous ou máis traballadores da mesma empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, o empresario poderá limita-lo seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa.

g) Así mesmo, poderán solicita-la situación de excedencia os traballadores que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior, e mentres dure o exercicio do seu mandato.

h) Para se acoller a outra excedencia voluntaria, o traballador deberá cubrir un novo período de, cando menos, catro anos de servicios efectivos na empresa.

i) A excedencia concederase sen dereito ningún a retribución, e o tempo que dure non será computable para ningún efecto.

Artigo 20º.-Enfermidade.

No caso de enfermidade ou accidente, a empresa incrementará as prestacións da Seguridade Social ata o 100% do salario establecido no artigo 8º maila antigüidade, complemento de manutención, convenio e transporte. Esta prestación manterase por un período máximo de 12 meses.

Absentismo.

Nos tres primeiros días de ausencia deixarase de percibi-lo 20% da retribución diaria.

Do cuarto ó décimo día, ámbolos dous incluídos, deixarase de percibi-lo 10% da devandita retribución mediante xustificación médica á empresa.

Cando a situación de enfermidade coun dure máis de dez días ininterrompidos, percibirase a retribución íntegra desde o primeiro día de ausencia.

Das xustificacións de enfermidade aludidas exclúense as ausencias orixinadas por:

-Hospitalización.

-Intervención cirúrxica.

-Descanso por maternidade.

Artigo 21º.-Auxilio de defunción.

No caso de falecemento do productor, concederáselle á viúva ou ós fillos un auxilio de defunción que será do seguinte xeito:

-Por 5 anos de vixencia: un mes.

-Por 10 anos de servicio: dous meses.

-Por 20 anos de servicio: tres meses.

-Por 25 anos de servicio: catro meses.

Ó persoal que non leve os cinco anos ó servicio da empresa pagaráselle a parte proporcional ó tempo traballado en seis días por anos de servicio.

Artigo 22º.-Xubilación.

A xubilación do persoal afecto a este convenio será obrigatoria á idade que regulamentariamente estableza o Goberno para ter dereito ás prestacións do 100% por xubilación, sendo no momento de 65 anos. Para o persoal fixo na empresa ó 31 de decembro de 1986, ó producirse a xubilación dun traballador que leva, como mínimo, 15 anos ó servicio da empresa, percibirá dúas mensualidades incrementadas con tódolos emulumentos inherentes a este e unha mensualidade máis por cada 5 anos que excedan dos 15 de referencia.

Para o persoal de novo ingreso a partir do 1 de xaneiro de 1987, o premio por xubilación será:

-Ós 60 anos: 10 mensualidades.

-Ós 61 anos: 8 mensualidades.

-Ós 62 anos: 6 mensualidades.

-Ós 63 anos: 4 mensualidades.

-Ós 64 anos: 3 mensualidades.

-Ós 65 anos: 2 mensualidades.

Tendo en conta que a xubilación con dereito ó 100% das prestacións na actualidade está fixada en 65 anos, se esta fose modificada á baixa, modificarase en igual proporción a táboa adxunta.

Artigo 23º.-Nocturnidade.

As horas transcorridas durante o período comprendido entre as 12 da noite e as 8 da mañá, agás nos casos en que a categoría do empregado que realiza o traballo nocturno así o especifique, terá unha retribución complementaria do 25% do salario base.

Artigo 24º.-Prazos de previo aviso.

O prazo de previo aviso, nos casos de cesamento voluntario dos traballadores, será o seguinte:

-De 15 días, os traballadores encadrados nos niveis 1 e 2 do artigo 7º.

-De 10 días, o resto do persoal.

O incumprimento destes prazos por parte dos traballadores dará lugar á perda do que puidese corresponderlles polas partes proporcionais das gratificacións extraordinarias recollidas no artigo 14º.

Artigo 25º.-Horas extraordinarias.

Aboaranse de acordo coa lexislación vixente sobre a materia.

Artigo 26º.-Seguro.

A empresa concertará ó seu cargo un seguro por importe de 2.000.000 de pesetas para os casos de morte ou incapacidade total para o traballador, en caso de accidente laboral, e o accidente in itinere, cunha cobertura dunha hora antes e outra despois do remate da xornada laboral, e para todos e cada un dos traballadores.

Artigo 27º.-Vixilancia, interpretación e aplicación.

Para a interpretación, aplicación e vixilancia deste convenio colectivo créase unha comisión paritaria integrada por catro persoas, designadas dúas pola empresa e dúas polo comité de entre os negociadores do convenio.

As partes asinantes deste convenio colectivo, axustándose ó establecido na recomendación número 92 da OIT e no seu artigo número 6 da Carta Social Europea, sobre conciliación, mediación e arbitraxe voluntaria, acordan, no caso de conflictos non individuais xurdidos como consecuencia da aplicación e interpretación deste convenio colectivo, someterse ós procedementos extraxudiciais de solucións de conflictos de traballo establecidos no Acordo interprofesional (AGA), subscrito entre a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) e as centrais sindicais Comisións Obreiras (CC.OO.), Unión Xeral de Traballadores (UGT), e a Confederación Intersindical Galega (CIG), nos propios termos en que neste están formulados.

Cláusula adicional

En cumprimento do que se establece no artigo 26.5º do Estatuto dos traballadores, faise consta-lo seguinte:

a) Que o número de horas anuais de traballo efectivo será de 1.748, en xornada partida e continua.

b) Que as remuneracións anuais dos traballadores en función do dito número de horas son as seguintes:

-Nivel I: 2.731.390.

-Nivel II: 2.635.691.

-Nivel III: 2.491.190.

-Nivel IV: 2.346.722.

-Nivel V: 2.156.337.

-Nivel VI: 1.943.814.

-Nivel VII: 1.821.785.