Convocada por Orde do 17 de xullo de 2000 (DOG nº 151, do 4 de agosto), a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada polas leis 4/1991, do 8 de marzo e 3/1995, do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da devandita lei. Esta consellería
DISPÓN:
Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 17 de xullo de 2000 (DOG nº 151, do 4 de agosto).
Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó persoal que se relaciona no anexo desta orde.
Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.
Cuarto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente, no prazo de
dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2000.
Antonio Pillado Montero
Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais
ANEXO I
NRP ou DNI: 3276107324A2060.
Apelidos e nome: Quinzá-Torroja García, María Adela.
Grupo: A.
Corpo/escala: superior.
Código do posto: XUC040000215770001.
Denominación: subd. xeral de Seguridade e Hixiene.
Nivel: 30.
Dependencia: Dirección Xeral de Relacións Laborais.
Localidade: Santiago de Compostela.