Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 10 de outubro de 2000 Páx. 13.907

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/140-1).

Visto o expediente para a autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: praza da Constitución, 171, 15000 Cee.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C., R.B.T. San Roque.

Situación: Fisterra.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea a 20 kV de 45 m de lonxitude en conductor R.H.V. 12/20 kV de 95 mm Al, que parte do apoio metálico da L.M.T. Corcubión-Fisterra e final no C.T. prefabricado en San Roque de 250 kVA e acoplamento á baixa tensión. Concello de Fisterra.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulo III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre

autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente o seu dereito.

A Coruña, 12 de setembro de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña