Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 10 de outubro de 2000 Páx. 13.911

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (12/2000).

A Comisión de Goberno Municipal con data 1 de setembro de 2000 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aproba-lo proxecto de compensación presentado por Urbanizadora Inmobiliaria Fadese Sociedad Anónima (Fadesa) en execución do plan parcial aprobado polo Concello Pleno en sesión do 14 de abril pasado sobre un ámbito de solo rústico apto para urbanizar no lugar de Altamira-A Zapateira, condicionada a validez ou eficacia da dita aprobación ós seguintes requisitos:

a) Que se xustifique a non inscrición do predio achegado como cesión para o cumprimento dos estándares dotacionais mediante a presentación de certificación negativa do Rexistro da Propiedade.

b) Que se dea cumprimento ó punto 4º da presente proposta.

Do cumprimento das ditas condicións deixarase constancia no expediente mediante certificación acreditativa, momento no cal proseguiranse os trámites mediante a súa protocolización ou, se é o caso, certificación, para a súa remisión ó Rexistro da Propiedade.

O que se fai público para xeral coñecemento para os efectos previstos no artigo 8 do Real decreto 1093/1997, do 4 de xullo, polo que se aproban as normas complementarias o Regulamento para a execución da Lei hipotecaria sobre inscrición no Rexistro da Propiedade de actos de natureza urbanística, en relación co artigo 102 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, advertindo ós interesados que o expediente se encontra á súa disposición nas oficinas de Xestión do Servicio de Urbanismo, sitas na avda. da Mariña 18, entre as 13.30 horas, de luns a venres durante o prazo de 20 días a partir da publicación do acordo que se cita, onde poderán consultalo e presentar cantas alegacións teñán por conveniente na defensa dos seus dereitos.

A Coruña, 19 de setembro de 2000.

P.D.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo