Obxecto: subministración dun sistema de control de correspondencia con destino á Deputación Provincial da Coruña.
Lugar de entrega: Deputación Provincial da Coruña.
Prazo de entrega: dous meses.
Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.
Orzamento: 15.000.000 de ptas. (90.151,82 euros).
Garantía provisional: non se esixe.
Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.
Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional, s/n. 5º. 15003 A Coruña. Teléfono: 981 18 33 00.
Proposicións. Data límite. Ata as 13 horas, dentro do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.
Anuncio extenso: BOP da Coruña.
A Coruña, 3 de outubro de 2000.
José Luis Torres Colomer
Presidente da Deputación Provincial da Coruña
José Luis Almau Supervía
Secretario da Deputación Provincial da Coruña

